|
|
|
 |
NORMAS DE FUNCIONAMENTO DE CARÁCTER XERAL :
|
- A entrada e saída do alumnado do recinto do Centro realizarase polas dúas portas de entrada e a entrada e saída do edificio principal polas portas situadas na planta de Consexaría. Os alumnos teñen prohibidas as entradas e saídas do Instituto pola porta de Secretaría.
- A porta de acceso ao Centro abrirase con 10 minutos de adianto sobre a hora de entrada pola mañá 8:30h e pecharase as 14:05 horas. Polas tardes a apertura farase ás 16:10h e o peche ás 19 horas.
- Ás 8:30h cerrarase a porta de entrada ao patio do Centro. Os alumnos/as que cheguen despois de esa hora deberán facelo pola entrada principal e acudir a clase.
- O profesor permitirá a entrada do alumno/a á aula unha vez iniciada a clase e anoratá a incidencia no parte.
- Durante o recreo o alumnado da E.S.O. dirixirase ao patio, cafetaría, vestíbulo da planta baixa e servizos correspondentes, non podendo permanecer nas aulas nin corredores ou servizos doutras plantas. Os alumnos/as de Bacharelato poderán facer o mesmo ou utilizar a porta principal máis a zona de aparcamentos.
- O alumnado da E.S.O. e Bacharelato, se non é maior de idade, permanecerá no Centro durante toda a xornada lectiva. Para poder saír antes de finalizar a xornada por algunha causa xustificada, salvo primeiras e últimas horas con permiso escrito dos pais, é imprescindible que pai/nai ou adulto responsable recolla ao alumno dentro das dependencias do Instituto.
- Durante a hora de clas o alumnado non poderá permanecer nos corredores, servizos, patio ou cafetaría. Ningún alumno poderá estar nunha clase que non sexa a súa sen un motivo xustificado.
- Nos intervalos entre clase e clase o alumnado permanecerá en orde na súa aula, esperando a chegada do profesor ou preparando o material necesario para a seguinte clase, salvo que deba trasladarse a outro lugar para recibir outra materia.
- Os alumnos/as esperarán o comezo das clases na súa aula, sempre coa porta aberta ata a chegada do profesorado.
- No caso de producirse retraso ou ausencia por parte do profesor/a, os alumnos/as esperarán ao profesor/a de garda, quen actuará de acordo coas normas impartidas pola Xefatura de Estudos. Mentres tanto deberán comportarse de modo que non molesten ao resto das clases. Se o profesorado de garda tarda en chegar máis de 10 minutos, é obrigación do alumnado comunicalo, a través do delegado/a, a un cargo directivo.
- Os desprazamentos en hora de clase realizaranse de forma ordenada e en silencio para non entorpecer o traballo das persoas que se encontren noutras aulas.
- As actividades que sexan de obrigatoria asistencia trataranse, a todos os efectos, como horas lectivas.
- Non se permite o acceso ao Centro de persoas alleas ao mesmo sen coñecemento e permiso do persoal de Conserxaría. O acceso ás aulas queda restrinxido aos alumnos/as e ás persoas que traballan no Centro.
- Queda prohibido o consumo, exhibición e venda de bebidas alcohólicas, tabaco e outras drogas, así como o consumo de comidas e bebidas en aulas e corredores.
- Queda prohibido o acceso ás intalacións do Centro de símbolos que inciten a actitudes violentas (apoloxías fascistas, racistas, terroristas, símbolos anticonstitucionais...).
- A través dos seus representantes, o alumnado de cada grupo poderá dirixir suxestións e expresar opinións segundo a seguinte orde: profesor/a titor/a, Xunta de Avaliación, Xefatura de Estudos, Dirección e Consello Escolar.
- O control de aproveitamento e actitude do alumnado comunicarase no boletín de cualificacións. Debidamente asinado polos pais ou titor/a legal será devolto ao titor/a do grupo o resgardo de dito boletín no prazo máximo dunha semana lectiva. A perdo do boletín de cualificacións implicará a confección dun duplicado que deberá ser recollido persoalmente polos pais/titor/a do alumno/a.
- Os obxectos extraviados depositaranse na Conserxaría e poderán ser retirados polos interesados previa identificación dos mesmos.
- É obrigatorio traer a clase o material mínimo esixido para o desenvolvemento normal da actividade da materia que indique o profesor/a. No caso de incumprimento o profesor/a cubrirá un parte de incidencias que o alumno/a deberá entregar asinado polo seu pai/nai en Xefatura de Estudos ao día seguinte, onde se lle imporá a corrección correspondente.
- Todo o alumnado ten a obriga de identificarse cando sexa requerido polo persoal do Centro, tanto dentro do mesmo como durante as actividades complementarias ou outras promovidas polo Centro.
- O alumnado queda obrigado a reparar os danos que cause, individual ou colectivamente, de forma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións, mateirais do Centro e ás pertenzas doutros membros da comunidade educativa, ou facerse cargo do custo económico ou da súa reparación. Os pais ou representantes legais asumirán a responsabilidade que lles corresponda nos termos previstos pola lei.
|
|
|
|