Imaxe do I.E.S O Couto Logo do IES O Couto
MÁIS DE 25 ANOS ENSINANDO
  
Correo da Xunta Consellería de Educación Xunta de Galicia Contidos Educativos CNICE recursos educativos Banco de Imaxes e Sons Biblioteca de Webquest Ir á páxina web do concello de Ourense Ir á páxina web de Meteogalicia Ir á páxina web do doga Ir á páxina web de lingua Galega da Xunta de Galicia Ir á páxina web da edición dixital do periódico La Región Ir ao periódico dixital La Voz de Galicia  

         

Ir a páxina de Inicio

Ir a páxina do Centro
Ir a páxina do equipo directivo
Ir a páxina dos profesores
Ir  a páxina dos Alumnos

Ir  a páxina dos Pais

Ir a páxina de Actividades


Ir a páxina de Contacto
 
 

NORMAS XERAIS DE CONVIVENCIA:

 

A convivencia entre os membros da comunidade educativa esixe:

  1. Respectar o dereito dos demais a traballar.
  2. Utilizar un ton correcto nas intervencións, gardando silencio mentres outra persoa está a falar e evitando os insultos, malos xestos ou violencia na nosa relación cos demais, actuando sempre co máximo respeto.
  3. Evitar en todo momento actuacións racistas, sexistas ou de discriminación, fomentando a convivencia pacífica e os hábitos de comportamento democrático e saudables.
  4. Respectar as instalacións, o material do Centro e as propiedades dos membros da comunidade escolar, así como colaborar activamente no mantemento da limpeza.
  5. Respectar as normas de limpeza e seguridade básicas.

ASISTENCIA A CLASE

  1. Ao matricularse no Centro, o alumno/a comprométese a asistir a clase con puntualidade e proveito segundo a lexislación vixente. O exercicio deste deber é responsabilidade do alumno/a e dos seus pais, sendo o titor/a e os seus profesores/as os encargados do seguimento da súa asistencia.
  2. A xustificación das faltas de asistencia a clase basearanse na existencia de motivos obxectivos, debidamente concretados, especificados e aclarados, non no mero coñecemento ou consentimento nelas dos pais, titor/a ou o propio alumno no caso de ser maior de idade. Utilizarase para iso o modelo oficial que se recollerá en Conserxaría e se entregará ao titor/a durante os dous días seguintes despois da incorporación a clase acompañandoo da documentación necesaria. O titor decidirá a admisión ou non de ditas xustificacións, informando á Xefatura de Estudos e aos pais do alumno/a en caso negativo.
  3. Non se admitirá como xustificante das faltas de asistencia a clase a preparación de exames, ou quedarse dormido nin as " causas persoais", " asuntos propios", "motivos familiares" ou similares.
  4. As xustificacións por consulta médica deberán ir acompañadas polo xustificante médico correspondente.
  5. O profesorado controlará diariamente a asistencia a clase cumprimentando os partes de faltas.
  6. Cada certo tempo enviaranse aos pais notificacións para aclarar calquera dúbida ou advertir, no seu caso, de posibles sancións.
  7. As faltas de asistencia xustificadas e inxustificadas aparecerán nos boletíns de notas.
  8. Tras a realización dunha proba ou exercicio de control de calquera materia o profesor/a poderá, segundo criterio, realizar unha proba análoga ao alumno/a que non asistira á mesma, sempre que presente xustificante coas características citadas no apartado 2.
  9. A inasistencia dos alumnos por razóns xerais e comunicadas previamente pola Xunta de Delegados cun día, como mínimo, de antelación non serán obxecto de corrección, aínda que se rexistra´r a falta. Nestes casos facilitarase información ou documentación ao alumno/a que o solicite para que poida, por si mesmo, recuperar as clases perdidas.
  10. Todas as faltas de asistencia non xustificadas serán comunicadas a Xefatura de Estudos polo profesor titor/a para proceder á súa corrección e iniciar, se é necesario, o proceso para previr o absentismo escolar.
  11. Quedan prohibidos os xogos de azar en todo o recinto do Centro excepto con fins didácticos. De igual modo prohíbese o uso e exhibición de aparellos electrónicos: móbiles, cámaras e material de gravación en todo o recinto escolar; walkman, etc, en horario lectivo.
  12. As faltas de asistencia poderán provocar a perda do dereito a avaliación contínua en Bacharelato.
  13. É obriga do alumnado que falte por calquera dos motivos citados requerir a información e documentación referida ás clases perdidas e realizar as tarefas encomendadas ese día.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

  1. Cando se organicen no Centro actividades que afecten a todos os alumnos/as suspenderanse as clases e as probas de avaliación, sempre que sexa posible.
  2. Nas actividades programadas acompañarán ao alumnado un mínimo de dous profesores e nunca menos dun profesor por cada 20 alumnos ou fracción de máis de catro.
  3. No caso de que nunha actividade complementaria ou extraescolar programada non participen todos os alumnos/as do grupo, un profesor/a atenderá aos alumnos/as do grupo que non acudiran.
  4. Para garantir a participación non se levarán a cabo aquelas actividades de carácter xeral nas que non acaden o 80% dos participantes.
  5. O alumnado que se comprometera a participar nunha actividade non poderá posteriormente negarse a realizala salvo por causa realmente xustificada. Asumindo as responsabilidades económicas e de calquera outra índole a que dera lugar.
  6. Pedirase unha autorización firmada polos seus pais ou titores a cada alumno/a que se desprace fóra do centro nunha actividade complementaria ou extraescolar. Aqueles alumnos que non realicen a actividade deberán traer un xustificante firmado polos seus pais ou titores no que se indique a causa da non participación.
  7. Os alumnos deberán manter en todas as actividades un comportamento adecuado. AS actividades extraescolares e complementarias teñen o mesmo tratamento en canto ás sancións que as actividades lectivas desenvolvidas no Centro.
  8. Os alumnos que non teñan un comportamento correcto no Centro ou no desenvolvemento de actividdes extraescolares e complementarias poderán ser sancionados coa perda do dereito a participar neste tipo de actividades.
  9. Non se realizarán viaxes que non teñan unha finalidade didáctica ou educativa.
  10. As visitas culturais e actividades programadas nas viaxes son obrigatorias para os participantes.
  11. Os alumnos non poderán levar ou consumir bebidas alcohólicas nin outras sustancias nocivas para á saúde.

O incumprimento dalgunha das normas pode dar lugar á volta anticipada á casa dos alumnos implicados, previo aviso telefónico aos pais. Neste caso, os pais responsabilizaranse do traslado e faranse cargo dos gastos xerados polo mesmo.

 

 
  O novo na Web  
 

Ir á páxina web de novas do IES O COUTO
Novas no IES O COUTO
Novas>

 
 

 
  Ir á páxina web das galerías fotográficas da web do IES O COUTO

Fotos de Actividades do IES .
Galerias de fotos >

 
 
  Ir á páxina web de recursos didácticos do IES O COUTO

Recursos didácticos do IES O COUTO
Recursos didácticos >

 
 
 

Ir á páxina web dos blogs do IES O COUTO

Blogs do IES O COUTO

Blogs do IES O COUTO >

 
 

  Inicio O Centro Equipo Directivo Profesores Alumnos Actividades Contacto
                Pais