Imaxe do I.E.S O Couto Logo do IES O Couto
MÁIS DE 25 ANOS ENSINANDO
  
         
Ir a páxina de Inicio

Ir a páxina do Centro
Ir a páxina do equipo directivo
Ir a páxina dos profesores
Ir  a páxina dos Alumnos

Ir  a páxina dos Pais

Ir a páxina de Actividades


Ir a páxina de Contacto
 
 

Actividades no IES O COUTO:

 

Imaxe do IES O COUTOO I.E.S. "O Couto", ubicado na cidade de Ourense no barrio do mesmo nome, é un Centro que se define como unha comunidade educativa formada por profesores, alumnos, pais e persoal non docente, onde cada sector ten o seu propio papel na xestión participativa e democrática do mesmo.

Somos un Centro de titularidade pública, polo tanto, aconfesional e respetuoso con todas as crenzas e ideoloxías. O sistema político e xurídico no que nos movemos baséase no pluralismo e na liberdade ideolóxica, renunciando a todo tipo de proselitismo ou sectarismo. O Centro declárase ideoloxicamente pluralista.

De acordo co establecido na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía de Galicia, no noso Centro o Galego e o Castelán conviven con igual respecto para os seus usuarios, recoñecendo idénticos dereitos para ambos. Para a consecución dun ensino renovador, democrático e socialmente integrador, a nosa comnidade escolar entende que a normalización lingüistica do galego é un obxetivo imprescindible. aspiramos a un bilingüismo real e harmónico que garanta o dominio oral e escrito das dúas linguas oficiais por parte dos alumnos do noso Centro.

Tendo en conta o noso Proxecto Educativo consideramos que na nosa comunidade educativa debe existir consenso nas liñas metodolóxicas: metodoloxía activa, participativa e non autoritaria, inductiva, integradora e lúdica que teña sempre en conta o proceso madurativo e psicolóxico do alumnado. Apostamos pola interdisciplinariedade e o traballo en equipo.

Entendemos a avaliación como un instrumento de axuda e de mellora permanente. Por iso no noso Centro a avaliación será integral, formativa, continua e terá en conta non só coñecementos, senón ademais habilidades, destrezas, valores, actitudes e as relacións cos compañeiros.

E para finalizar, o Proxecto Educativo do Centro recolle ademais nas súas notas de identidade o pluralismo e valores democráticos, a coeducación e o ecopacifismo entre outros aspectos a destacar.

   
  O novo na Web  
 

Ir a páxina de novas no Ies
Novas no IES O COUTO
Novas>

 
 

 
 

Novas Fotos de Actividades do IES .
Galerias de fotos >

 

 

  Inicio O Centro Equipo Directivo Profesores Alumnos Actividades Contacto