Imaxe do IES O COUTO Logo do IES O Couto

WEBQUEST

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

 
         
Ir a Inicio
Ir a Centro
Ir a Equipo Directivo
Ir a Departamentos
Ir a Actividades
Ir a alumnos
Contactar
 
 

TAREFA

Ir a Introducción Ir a TAREFA Ir a PROCESO Ir a RECURSOS Ir a AVALIACIÓN

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Esta actividade está pensada, en principio, para ser desenvolvida por alumnos de calquera nivel de secundaria ou bacharelato. Será o profesor quen, coas súas orientacións, modere a complexidade do traballo dos alumnos e os recursos empregados, de acordo coas habilidades e capacidades dos mesmos.

Con ela pretendemos aproximarnos á figura de Uxío Novoneyra, a quen se lle adica este ano de 2010 o Día das Letras Galegas, á súa ideoloxía e ao seu mundo. Elaboraremos unha biografía ilustrada, que será presentada por medio de cartaces ou en PowerPoint; crearemos unha audio/videoteca con poemas recitados ou cantados de Uxío Novoneyra, que será presentada a modo de progama de radio, de televisión ou mediante un recital poético; confeccionaremos unha guía turística do Courel, mediante cartaces, en forma de tríptico, folleto ou nunha presentación en PowerPoint.

Como guía orientativa para estas tarefas, alén das recomendacións que poidas recibir do teu profesor, deberás intentar responder a cuestións como as seguintes:

-A importancia da toponimia e da paisaxe na poesía de Novoneyra
-Que é o fonosimbolismo e cal é a relación da súa poesía coa música?
-Ideoloxía e compromiso sacial do poeta
-Cales foron as súas amizades e que relación tivo con outros escritores, intelectuais e poetas da súa época
-A relación de Novoneyra co mundo da radio e da televisión
-Cal foi a súa relación coa pintura e que pintores coñecía
-De que institucións políticas ou culturais formou parte.
-Cal foi a súa relación con outros poetas e cos membros do grupo Brais Pinto
-En que lugares residiu, onde naceu, estudou, traballou, etc.
-Cal é a temática da súa poesía
-A súa participación na organización de recitais
-Que poemas seus foron musicados?
-Cal foi a súa relación co Courel. Que circunstancias persoais o levaron a pasar dúas longas tempadas neste lugar
-Coñeces O Courel, a súa xeoloxía, as paisaxes, a flora e fauna, as formas de vida alí, as festas, os costumes as tradicións, a gastronomía, etc.?
-Sabes como chegar ao Courel, onde está e que posibilidades hai de facer turismo alí?

   
  A Pizarra  
 

Foto apertura curso 2006-07
Actividades no centro
Galerías de fotos >

 
 

 
 

Novas Noticias do IES .
Novas>

 
 
 
  Inicio O Centro Equipo Directivo Departamentos Actividades Alumnos Contacto