Hoxe España é un país democrático, pero entre 1939 e 1975 viviuse baixo unha ditadura. Sabes como se produciu a transición da ditadura á democracia? Cres que foi a “transición” un fenómeno aillado ou un proceso histórico? Sabes como viviron as xentes como os teus avós baixo a ditadura de Franco? Faláronche algunha vez “dos anos da fame”? Ouviche falar dos “fuxidos” e dos “paseados”? Sabes quen eran os falanxistas? Seguro que coñeces a alguén que tivo que emigrar, pero cres que todos emigraron en busca de fortuna ou por mellorar as súas condicións de vida?
Queres saber como era a educación e a cultura durante o franquismo ou que pasou coa lingua galega? Se tés curiosidade, nesta webquest e en compañía de Ramón Piñeiro, poderás descubrir todo isto e moitas cousas máis, coa colaboración dos teus compañeiros de clase e coa axuda dos teus profesores. ¡Anímate!